Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50192

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (485/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 485/2012 por instancia de Sonia Rodríguez Mosquera contra a empresa Confianze Madrid Norte, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.11.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Sonia Rodríguez Mosquera fronte a Confianze Madrid Norte, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Confianze Madrid Norte, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de mil sesenta e tres euros con sesenta e seis céntimos de euro (1.063,66 euros) devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confianze Madrid Norte, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

O secretario xudicial