Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50053

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (171/2014).

Divorcio contencioso 171/2014

Sobre: divorcio contencioso

Demandante: Javier Cea Montoto

Procuradora: María del Carmen Fernández Ramos

Avogada: Rosa Santeiro Martínez

Demandada: Alessandra Ferreira Vidal

No procedemento de referencia ditouse sentenza en data 13 de novembro de 2014, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decisión

Acordo:

1º. A disolución do matrimonio formado por Javier Cea Montoto e Alessandra Ferreira Vidal, que se celebrou o día 18 de xullo de 2008 en Lugo con todos os efectos legais pertinentes, con cesamento tanto as obrigas persoais derivadas do vínculo matrimonial e reguladas nos artigos 66 a 68 deste, como a presunción de convivencia conxugal e suspensión da vida en común (artigos 69 e 83 do CC) como as patrimoniais, cesando a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe en exercicio da potestade doméstica contida no artigo 1319 do CC.

Así mesmo, declárase disolta a sociedade de gananciais.

2º. Apróbanse as seguintes medidas:

– Non se establece pensión compensatoria a favor de ningún dos cónxuxes.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Unha vez firme a presente resolución remítase oficio ao Rexistro Civil de Lugo para a súa anotación.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído na conta de depósitos e consignacións deste órgano un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente X con indicación, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución contra a que se recorre co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alessandra Ferreira Vidal, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 14 de novembro de 2014

A secretaria xudicial