Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (291/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 291/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Vanessa Díaz Pedreira contra a empresa Silver Surf, S.L., sobre despedimento, se ditou en data 24.11.2014 resolución, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e poderán ter os interesados coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Silver Surf, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

A secretaria xudicial