Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50056

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (387/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 387/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel García Pereira contra Transportes Rivefarma, S.L., I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e Manuel Riveiro Rodríguez, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 530/2014

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 387/2014

Demandante: José Manuel García Pereira

Letrado: Sr. Andión Cerdeiriña

Demandados:

– Transportes Rivefarma, S.L.

– I-Vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L.

– Manuel Riveiro Rodríguez

Letrada: Sra. Pazos Aller

Fogasa

Sentenza 387/2014.

A Coruña, 11 de novembro de 2014.

Decisión:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel García Pereira fronte á empresa I-Vamos, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 29.698,28 euros

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 55,15 euros/día.

3º. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por José Manuel García Pereira fronte á empresa Transportes Rivefarma, S.L. e fronte a Manuel Riveiro Rodríguez e, en consecuencia, absólvoos dos pedimentos formulados fronte a eles.

4º. O Fogasa deberá pasar polo resolto neste procedemento.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Transportes Rivefarma, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

A secretaria xudicial