Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50051

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (788/2011).

Procedemento ordinario 788/2011

Sobre: outras materias

Demandante: Jesús Barreira Fernández

Procurador: Manuel Ricardo Nistal Riadigos

Demandados: Inmebo Lalín, S.L., Paula Fernández Pena, Rufo José Fernández Rodríguez, Construcciones Silva González, S.L. e Industrias Fernández, S.L.

Procuradores: María José Blanco Mosquera, María del Carmen Fernández Ramos, María del Carmen Fernández Ramos e Manuel Cean Garrido

Ana Hernández Mora, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 788/2011, seguido por instancia de Jesús Barreira Fernández fronte a Inmebo Lalín, S.L., Paula Fernández Pena, Rufo José Fernández Rodríguez, Construcciones Silva González, S.L. e Industrias Fernández, S.L., ditouse sentenza en data 17 de setembro de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decisión:

Que estimando parcialmente como estimo a demanda exercida pola representación procesual de Jesús Barreira Fernández contra Rufo José Fernández Rodríguez, Paula Fernández Pena, Construcciones Silva y González, S.L. e Industrias del Aluminio Fernández, S.L., debo declarar e declaro que a vivenda unifamiliar do demandante ten os defectos de construción que se indican no feito segundo da demanda e que se precisan no informe técnico achegado con esta como documento número 1, e que os codemandados Rufo José Fernández Rodríguez, Paula Fernández Pena, Construcciones Silva y González, S.L. e Industrias del Aluminio Fernández, S.L. son responsables nos termos e respecto dos concretados no fundamento xurídico sétimo, e condénoos á reparación daqueles respecto dos cales se declara a súa responsabilidade. Desestímase o demais, e absolvo a Inmebo Lalín, S.L. de todas as pretensións fronte a ela exercidas.

Impóñense á demandante as custas causadas no presente procedemento pola codemandada absolvida e impóñense as restantes ás codemandadas condenadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días, contados desde o seguinte á súa notificación, e resolverase ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Inmebo Lalín, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 17 de setembro de 2014

A secretaria xudicial