Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50049

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (2/2014).

Expediente disciplinario: 2/2014

Funcionario do corpo de tramitación procesual con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín: Gonzalo González Martínez

Instrutora: Mª Pilar Sández González

Secretaria: Ana Isabel Pino García

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo e instrutora do expediente disciplinario 2/24.

Anuncio:

No presente procedemento disciplinario seguido fronte a Gonzalo González Martínez ditouse resolución, cuxo teor literal é o seguinte: «Recibido neste xulgado acordo de incoación de expediente disciplinario 2/2014 en relación co funcionario de tramitación procesual Gonzalo González Martínez, con último destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Marín, fórmese o correspondente procedemento, do cal foron designadas como instrutora e secretaria as asinantes.

Continúese a instrución nos termos establecidos nos artigos 28 e seguintes do Real decreto 796/2005, do 1 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de réxime disciplinario do persoal ao servizo da Administración de xustiza.

Iso sobre a base do acordado pola Subdirección de Persoal de Xustiza e os feitos expostos que se refiren a abandono de posto de traballo o día 3.2.2003, sen incorporación posterior a este.

Procédase a comunicar a presente resolución a Gonzalo González Martínez co fin de que poida ser oído respecto dos feitos que poidan derivar en sanción disciplinaria.

Diríxase oficio á Subdirección de Persoal para que comunique a esta instrutora o domicilio que lle consta do funcionario.

En previsión de que existan dificultades en canto á súa localización, procédase a efectuar indagación domiciliaria a través do punto neutro xudicial.

Diríxase oficio ao Xulgado número 2 de Marín e á Delegación Provincial de Pontevedra co fin de que por parte do secretario xudicial no primeiro caso e do funcionario que corresponda no segundo se comunique se existe algunha constancia do abandono do posto de traballo desde 3.2.2003, así como da continuidade desta situación ata a data.

Procédase, así mesmo, a oficiar a delegación provincial para que comunique se no xulgado se encontra actualmente algún funcionario que estivese xa a desempeñar as súas funcións na data 3.2.2003, por se fose necesaria a declaración respecto dos feitos obxecto deste expediente. Vigo, 4 de abril de 2014. Asinado. A instrutora. A secretaria».

E encontrándose Gonzalo González Martínez en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de xuño de 2014

A instrutora                                      A secretaria