Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50048

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

EDICTO (755/2012).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 755/2012, seguido por instancia de Mercedes Benz Financial Services España E.F.C., S.A. contra Leonardo López Suministros Industriales, S.L. e José Antonio Leonardo López, sobre reclamación de cantidade, en que se ditou sentenza de data 24 de xaneiro de 2013 pola cal se estima integramente a demanda presentada; fáiselles saber ás partes que contra esta cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, para o cal deberán presentar escrito ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

E encontrándose os demandados en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Ferrol, 21 de febreiro de 2014