Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49901

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (605/2010).

Procedemento ordinario: 605/2010

Procedemento orixe: 605/2010

Sobre: resolución de contrato

Demandante: Josefa Fraga Lage

Procurador: Constantino Prieto Vázquez

Avogado: Jaime Pernas Rodríguez

Demandado: Inver-Promociones y Construcciones J. C. Mahía, S.L.

Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio da presente se lle notifica á entidade demandada Inver-Promociones y Construcciones J.C. Mahía, S.L. a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 35/2013

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez

Data: 7 de marzo de 2013

Lugar: Viveiro

Procedemento: xuízo ordinario 605/2010

Demandante: Josefa Fraga Lage

Procurador: Constantino Prieto Vázquez

Avogado: Jaime Pernas Rodríguez

Demandado: Inver-Pomociones y Construcciones J.C. Mahía, S.L.

Decisión.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Constantino Prieto Vázquez, en nome e representación de Josefa Fraga Lage e, por conseguinte, debo declarar e declaro a resolución dos contratos do 10 de setembro de 2006 e do 28 de xuño de 2007 subscritos entre Josefa Fraga Lage e a entidade Inver Pomociones e Construcciones J.C. Mahía, S.L., e deberá entregarlle a parte demandada á parte demandante o seguinte terreo situado no municipio de Xove:

«Forca Vella, soar de mil cincuenta e seis metros cadrados. Linda: norte; Miguel Baño Meitín, con muro medianeiro; sur, Manuel Rodríguez Quelle; leste, José Iravedra Cabana, con muro; e oeste, Camiño Real.

Rexistro. tomo 791, libro 96, folio 173, terreo número 12.284».

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta sentenza non é firme. Contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Viveiro, 3 de xullo de 2014

A secretaria xudicial