Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49903

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (DOI 1306/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou Resolución do 6 de outubro de 2014, dirixida a Biforis Accesorios de Madera, S.L. e Studio Zen, S.L.; que se poden interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito órgano xudicial.

E para que lles sirva de notificación en forma legal a Biforis Accesorios de Madera, S.L. e Studio Zen, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

A secretaria xudicial