Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49899

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (944/2013).

Procedemento de orixe: alimentos provisionais 837/2008

Sobre: modificación de medidas

Demandante: Alicia Morlan Varela

Procuradora: Raquel Ceinos Real

Avogada: María del Carmen Fachado Fuentes

Demandado: Moisés González Rodríguez

Cristina Cao Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por medio da presente

Anuncio:

Neste procedemento de modificación de medidas definitivas, seguido por instancia de Alicia Morlan Varela fronte a Moisés González Rodríguez, ditouse sentenza e posteriormente auto de aclaración, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os presentes autos de modificación de medidas definitivas 944/2013, deducido pola procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de Alicia Morán Varela, asistida da letrada Sra. Fachado Fuentes fronte a Moisés González Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante legal do Ministerial Fiscal dada a concorrencia de fillo menor de idade Unai.

Que estimando a demanda de modificación de medidas definitivas deducida pola procuradora Sra. Ceinos Real, en nome e representación de Alicia Moran Varela, asistida da letrada Sra. Fachado Fuentes, fronte a Moisés González Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante legal do Ministerio Fiscal, dada a concorrencia de fillo menor de idade Unai, debo acordar a modificación de medidas definitivas respecto á sentenza do 5 de decembro de 2008 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, que homologou o convenio regulador de data 28 de novembro de 2008, e fixouse un novo réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio, adecuando as visitas do pai á metade do período de vacacións escolares estivais do menor, dada a distancia do próximo domicilio deste.

A estimación da demanda non obsta a que, dada a propia natureza familiar deste proceso, non proceda pronunciamento condenatorio exclusivo ningún ao aboamento das custas.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución en legal forma, informándoos de que contra esta cabe interpor recurso de apelación, de conformidade co artigo 458 da Lei de axuizamento civil e disposición adicional 15 da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela (A Coruña).

Publicación. Lida e publicada a anterior resolución no día da data polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública, dou fe.

E encontrándose o dito demandado, Moisés González Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Parte dispositiva do auto de aclaración:

Acordo:

Estimar a petición formulada pola procuradora da parte demandante de aclarar que o primeiro apelido da demandante é o de Morlan en lugar de Morán, como se fixo constar na sentenza ditada no presente procedemento.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

A secretaria xudicial