Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49897

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de aclaración de sentenza (433/2013).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LACN) 433/2013, por instancia de María Jesús Pérez Baz, contra Eurocasa Promociones de Galicia, S.L., Víctor Manuel Pérez Baz, José Castro Comesaña, Ministerio Fiscal e administración concursal de Eurocasa Promociones de Galicia, S.L., nos cales se ditou auto de aclaración, con data do 23 de abril de 2014, do teor literal seguinte:

«Auto de aclaración da sentenza 145/2014.

Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Manuel Almenar Berenguer.

Jacinto José Pérez Benítez.

En Pontevedra o 23 de abril de 2014.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Parte dispositiva.

A Sala acorda:

Estimar as peticións formuladas polo procurador Antonio Fernández García, en nome e representación de María Jesús Pérez Baz e por César E. Martínez Gómez, administrador concursal de Eurocasa Promociones de Galicia, S.L., de aclarar a resolución da sentenza do 11 de abril de 2014, ditada neste procedemento, no sentido que se indica:

O número 3 da resolución quedará redactado nos seguintes termos: «reducir a obriga da administradora a cubrir o déficit do concurso ata o 50 % do desfase observado na conta de caixa (27.427,86 euros), co límite do 33 % do déficit concursal».

Modo de impugnación. Contra esta resolución non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o mandan e asinan os maxistrados arriba indicados. Dou fe.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario, e para que así conste e sirva de notificación a José Castro Comesaña, expido e asino este edicto.

Pontevedra, 24 de abril de 2014

A secretaria xudicial