Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49895

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (433/2013).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LECN) 433/2013, por instancia de María Jesús Pérez Baz, contra Eurocasa Promociones de Galicia, Víctor Manuel Pérez Baz, José Castro Comesaña, Ministerio Fiscal e Administración concursal de Eurocasa Promociones de Galicia, nos cales se ditou con data do 11 de abril de 2014 o teor literal seguinte:

«Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez

Manuel Almenar Berenguer

Jacinto José Pérez Benítez

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, integrada polos maxistrados anteriormente expresados, ditou en nome do rei a seguinte Sentenza número 145:

Pontevedra, once de abril de dous mil catorce.

Vista a peza de apelación seguida co número 433/2013, dimanante dos autos do concurso voluntario abreviado incoados co número 6/2011 polo Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, sendo apelante a condenada María Jesús Pérez Baz, representada polo procurador Sr. Fernández García e asistida polo letrado Sr. Lorenzo Zarandona, e parte apelada os propoñentes da cualificación, a Administración concursal representada por César Martínez Gómez e o Ministerio Fiscal. É ponente Manuel Almenar Berenguer.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

A Sala resolve:

Que debemos estimar e estimamos parcialmente o recurso de apelación interposto polo procurador Sr. Fernández García, en nome e representación de María Jesús Pérez Baz, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, e, na súa consecuencia, debemos revogar e revogamos a dita resolución no sentido de:

1º Deixar sen efecto a declaración de complicidade de Víctor Manuel Pérez Baz e José Castro Comesaña.

2º Reducir o período de inhabilitación imposto a María Jesús Pérez Baz ao mínimo legal de dous anos.

3º Reducir a obriga da administradora a cubrir o déficit do concurso ata o 5 %.

Cada parte deberá facer fronte ás custas xeradas pola intervención nesta alzada.

Así, por esta a nosa sentenza, pronúnciano, mándano e asínano os maxistrados expresados á marxe».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, en caso necesario, para que así conste e lle sirva de notificación a José Castro Comesaña, estendo e asino este edicto.

Pontevedra, 11 de abril de 2014

A secretaria xudicial