Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49893

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2935/2014 RF).

María Isabel Freire Corzo, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2935/2014 RF desta sección, seguido por instancia de Julia Ferreiro Campos contra Campus na Nube, S.L. (antes Tórculo Artes Gráficas, S.A.), Fotocopias Maxin, S.L.U., J.B. Castro Ambroa Copybelén, Tórculo Artes Gráficas, S.A., María Sierra Rodríguez (administración concursal de Fotocopias Maxin, S.L.U.) sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Julia Ferreiro Campos contra a Sentenza do 17 de marzo de 2014 do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a entidade mercantil Fotocopias Maxin, sociedade limitada unipersoal, a entidade mercantil Tórculo Artes Gráficas, sociedade anónima, a entidade mercantil Campus na Nube, sociedade limitada, José Benigno Castro Ambroa e a entidade mercantil Copy Belén, sociedade limitada, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., con último domicilio coñecido en Ángel Echevarri-Campus, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de novembro de 2014

A secretaria xudicial