Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49891

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4401/2013 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4401/2013 IP

Xulgado de orixe/autos: execución 34/2008 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

Recorridos: Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, Construcciones Generales Rodríguez, S.L.

Avogada: Cristina Gloria González de la Rasilla

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4401/2013 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Asepeyo, Mutua de
Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 151, Construcciones Generales Rodríguez, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra o Auto do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, ditado en incidente de execución de sentenza, seguido por instancia da recorrente contra Virgilio Gregory Hernández López, Mutua Asepeyo Tesorería General de la Seguridad Social, Construcciones Generales.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Generales Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

A secretaria xudicial