Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48941

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (135/2011).

Eu, Ana María López Gómez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento de garda, custodia e alimentos 135/2011 seguido por instancia de María José Troncoso García fronte a Rafael Albarrán Sueiro ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

En Cambados, 9 de setembro de 2014.

Vistos por min, Olga Martín Álvarez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados e o seu partido xudicial, este proceso de garda, custodia e alimentos 135/2011, en que son parte de María José Troncoso García representada polo procurador dos tribunais Fernando Guillán e baixo a asistencia letrada de Carlos Alonso, fronte a Rafael Albarrán Sueiro, en situación procesual de rebeldía. Interveu o Ministerio Fiscal en defensa dos intereses do menor, fillo das partes.

Resolvo:

Que se estima integramente a demanda de xuízo verbal de garda, custodia e alimentos de mutuo acordo presentada por María José Troncoso García, representada polo procurador dos tribunais Fernando Guillán e baixo a asistencia letrada de Carlos Alonso, fronte a Rafael Albarrán Sueiro, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, e se acordan as seguintes medidas:

– A garda e custodia de Rafael Brais Albarrán Troncoso corresponde á súa nai.

– Fíxase unha pensión de alimentos a favor do menor de 180 euros mensuais, que se pagarán os cinco primeiros días de cada mes e actualizable anualmente no mes de xaneiro de cada ano conforme o IPC.

Os gastos extraordinarios pagaranse por metade.

– Declárase suspendido o dereito do pai a gozar de comunicacións, estancias e visitas co seu fillo.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fagáselles saber que contra ela procede interpoñer recurso de apelación.

Non se fai expresa condena en custas.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe».

Ao estar o dito demandado, Rafael Albarrán Sueiro, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 7 de novembro de 2014

A secretaria xudicial