Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48943

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (134/2013).

Execución de títulos xudiciais 134/2013

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 285/2011

Sobre: despedimento

Demandante: Rogelio Caamaño Esperante

Avogado: Antonio Pousa Merens

Demandado: Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 134/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rogelio Caamaño Esperante contra Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., sobre despedimento, se ditou Decreto do 25 de agosto de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

1. Decretar a suspensión da presente execución.

2. Arquivar provisionalmente os autos. As partes poderán solicitar a súa continuación unha vez que se dite resolución que poña fin ao procedemento concursal seguido contra o executado.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0134 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0134 13”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2014

A secretaria xudicial