Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48945

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2013).

Execución de títulos xudiciais: 151/2013

Procedemento orixe: conflitos colectivos 739/2012

Sobre: conflito colectivo

Demandante: Confederación Intersindical Galega

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Confederación de Empresarios de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-Galicia), Limpiezas El Polígono, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Confederación Intersindical Galega contra a Confederación de Empresarios de Galicia, Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-Galicia), Limpiezas El Polígono, S.L. sobre conflito colectivo, se ditou auto en data 24 de outubro de 2014, cuxo teor literal é o seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor das executantes fronte a Limpiezas El Polígono, S.L., para que aboe as seguintes cantidades aos traballadores que se relacionan a continuación:

A Cristina Maroño Sande: 339,72 euros en concepto de principal, máis outros 33,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Elvira Varela Gómez: 808,73 euros en concepto de principal, máis outros 80,87 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María Ascensión Abeijón Sillero: 352,45 euros en concepto de principal, máis outros 35,24 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Natividad Domínguez Castro: 739,89 euros en concepto de principal, máis outros 73,98 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María José Ferro Adrán: 614,52 euros en concepto de principal, máis outros 61,45 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María Dolores Cancelo Cancelo: 810,71 euros en concepto de principal, máis outros 81,07 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María Pisco Suárez: 98,40 euros en concepto de principal, máis outros 9,84 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Jesús Rodríguez Rodríguez: 727,17 euros en concepto de principal, máis outros 72,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María del Carmen Ons Nieto: 457,14 euros en concepto de principal, máis outros 45,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Filomena Fariñas Vilar: 178,84 euros en concepto de principal, máis outros 17,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Josefina Castro Pena: 517,14 euros en concepto de principal, máis outros 51,71 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Eva Ferro Adrán: 1.131,44 euros en concepto de principal, máis outros 113,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Montserrat Espiña Moure: 514,60 euros en concepto de principal, máis outros 51,46 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María Jesús Estévez Vázquez: 527,28 euros en concepto de principal, máis outros 52,72 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A Elena Gómez Remuñán: 430,90 euros en concepto de principal, máis outros 43,09 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

A María Jesús Lodeiro Regueiro: 325,89 euros en concepto de principal, máis outros 32,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo de ulterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 10 de noviembre de 2014

A secretaria xudicial