Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48939

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (547/2013).

Eu, Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente, anuncio:

Neste procedemento ordinario 547/2013, seguido por instancia de Felisa de la Varga Rodríguez fronte a Manuel Pérez Iglesias, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 120/2014.

Vigo, 11 de xullo de 2014.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, estes autos de xuízo ordinario que co número 547/2013 se seguen por instancia de Felisa de la Varga Rodríguez, representada pola procuradora Gisela Álvarez Vázquez e dirixida polo letrado Miguel Ángel Orallo Fernández, contra Manuel Pérez Iglesias, declarado en situación procesual de rebeldía, os cales teñen por obxecto unha pretensión de cumprimento contractual.

Resolvo.

Estimo totalmente a demanda interposta por Felisa de la Varga Rodríguez contra Manuel Pérez Iglesias, e fago, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º. Condeno a Manuel Pérez Iglesias a aboarlle a Felisa de la Varga Rodríguez a cantidade de 15.427,20 euros, a cal reportará, desde a data da interposición da demanda, unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, que será o xuro legal dos cartos incrementado en dous puntos, contado desde a data desta sentenza.

2º. Condeno a Manuel Pérez Iglesias a pagar as custas do presente proceso.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

Ao estar o demandado, Manuel Pérez Iglesias, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de xullo de 2014

O secretario xudicial