Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48938

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6200/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 6200/2012 desta sección, seguido por instancia de Sandra Sugeis Saldarriaga Sánchez, Eddy Soto Jaramillo contra Serviasistencia Ferrolterra, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que con desestimación do recurso interposto por Sandra Sugeis Saldarrieaga Sánchez e Eddy Soto Jaramillo, confirmamos a sentenza que con data do 4 de xullo de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu a empresa Serviasistencia Ferrolterra, S.L.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Serviasistencia Ferrolterra, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de novembro de 2014

A secretaria xudicial