Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 28 de novembro de 2014 Páx. 48936

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2984/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2984/2014(-FF-)

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 180/2014 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Juan Benito Vázquez Villar

Avogado: Pablo Guntiñas Fernández

Recorridos: Fogasa, Adega do Emilio, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2984/2014 desta sección, seguido por instancia de Juan Benito Vázquez Villar contra Fogasa, Adega do Emilio, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Estimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Pablo Guntiñas Fernández, en nome e representación de Juan Benito Vázquez Villar, contra a sentenza de data do 24 de abril de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, no procedemento 180 e 307/2014, acumulados, instados polo citado demandante contra a empresa Adega do Emilio, S.L., revogamos a expresada resolución, no sentido de declarar a improcedencia do despedimento tácito e a extinción da relación laboral con efectos da data da sentenza de instancia, e condenamos a empresa demandada a aboarlle ao traballador demandante unha indemnización de 22.924,46 euros máis a cantidade de 7.737,36 euros de salarios de tramitación, máis os xuros legais correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2014

A secretaria xudicial