Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48681

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO de notificación de sentenza (apelación 333/2013).

Peza: recurso de apelación (LACN) 333/2013.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra.

Procedemento de orixe: xuízo verbal 173/2013.

Recorrente: José Luis Rial Cannas.

Procuradora: Isabel Sanjuán Fernández.

Avogado: Manuel Rial Segade.

Recorridas: NCG Banco, S.A., Julia Pereira Barral.

Procuradora: María del Carmen Torres Álvarez.

Avogado: Manuel Rial Segade.

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que nesta sección se segue a peza de apelación civil número 333/2013, dimanante do xuízo verbal número 173/2013, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, no cal foi ditada a aentenza número 138/2014, cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentenza 138/2014.

Presidente: Antonio-Juan Gutiérrez R.-Moldes.

Maxistrados: Jaime Esaín Manresa e Francisco Javier Romero Costas.

Pontevedra, 25 de abril de 2014.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de xuízo verbal 173/2013, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación-R (LACN) 333/2013, e nos cales aparece como parte apelante, José Luis Rial Cannas, representado pola procuradora dos tribunais Isabel Sanjuán Fernández, asistida polo letrado Manuel Rial Segade, e como parte apelada NCG Banco, S.A., representada pola procuradora dos tribunais María del Carmen Torres Álvarez, asistida polo letrado Manuel Rial Segade; Julia Pereira Barral, sendo maxistrado relator Antonio-J. Gutiérrez R.-Moldes,

Decido:

Desestimar o recurso de apelación interposto pola representación de José Luis Rial Cannas e confirmar a sentenza apelada, ditada na data do 24 de maio de 2013 polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, con imposición das custas desta instancia á parte apelante.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que esta sentenza non é firme e que contra esta poderán optar as partes lexitimadas por interporen o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte á súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e ss. e a disposición derradeira 16ª LAC/00.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPJ, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Unha vez firme, expídase testemuño, que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia, e sirva de notificación a Julia Pereira Barral, expídese e asínase este edicto.

Pontevedra, 28 de outubro de 2014

O secretario xudicial