Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (613/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 613/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gilberto Ruido Parada, José Ángel Díaz Espiñeira e Julio Perfecto Alvarellos Fondo contra Esabe Vigilancia, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a decisión da sentenza seguinte:

«Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polos demandante Gilberto Ruido Parada, José Ángel Díaz Espiñeira e Julio Perfecto Alvarellos Fondo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A., a que lle aboe ao Sr. Ruido 1.355,23 euros, ao Sr. Díaz 1.391,97 euros e ao Sr. Alvarellos 1.246,97 euros, polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. A seguir, expídase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de novembro de 2014

A secretaria xudicial