Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 26 de novembro de 2014 Páx. 48679

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3059/2014-MDM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3059/2014-MDM

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 166/2014. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Óscar López Vázquez

Avogado: Pablo Guntiñas Fernández

Recorrido: Adega do Emilio, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3059/2014 desta sección, seguido por instancia de Óscar López Vázquez contra a empresa Adega do Emilio, S.L. e sendo parte o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, se ditou Resolución de 24 de outubro de 2014, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Pablo Guntiñas Fernández, en nome e representación de Óscar López Vázquez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, o 11 de abril de 2014, en autos acumulados seguidos por instancia do recorrente fronte á empresa Adega do Emilio, S.L., sobre despedimento e extinción de contrato, nos cales foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada, e condenamos a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de sete mil douscentos sesenta e sete euros con oitenta e oito céntimos (7.267,88 euros) en lugar da sinalada na sentenza, mantendo o resto dos pronunciamentos da sentenza contra a que se recorre.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de outubro de 2014

A secretaria xudicial