Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (654/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 654/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Canicoba Cornejo contra La Plaza Pescados y Frutas, S.L., o Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou sentenza número 417, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 654/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Pilar Canicoba Cornejo contra La Plaza Pescados y Frutas, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a La Plaza Pescados y Frutas a aboar a Pilar Canicoba Cornejo 4.033,83 euros e 723,11 euros en concepto de xuros. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a La Plaza Pescados y Frutas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2014

A secretaria xudicial