Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (593/2014-L).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

Sentenza número 547/2014.

A Coruña, 27 de outubro de 2014

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 593/2014 e acumulado 986/2014, seguidos por instancia de Mª José Roel López, representada pola letrada Indrani Thais Palla Maceiras, contra a empresa Mianka Tintorerías, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, sobre extinción de contrato, despedimento e reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo as demandas que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo a demandante contra Mianka Tintorerías, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 2 de maio de 2014 e, ademais, extinguida a relación laboral que os vinculaba con data de hoxe, condenando a empresa demandada ao aboamento dunha indemnización de 1.666,54 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo a demandante contra a mercantil demandada Mianka Tintorerías, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe a María José Roel López a cantidade de 9.842 euros, así como o xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Mianka Tintorerías, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 31 de outubro de 2014

A secretaria xudicial