Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 20 de novembro de 2014 Páx. 48074

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (148/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 148/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Fernández Allo contra Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante pola empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao ter pechado a mercantil, condenando a empresa demandada ao aboamento dunha indemnización por despedimento improcedente de 1.623,60 euros.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncia, manda e asina Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de outubro de 2014

A secretaria xudicial