Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46888

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2673/2014).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2673/2014 desta sección, seguido por instancia de Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra o Fogasa, Galicia Saudade, S.L., Ayuntamiento de Sada (A Coruña), Administración Concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), Bogar Asistencia, S.L., Sonia María Varela Cordero, sobre despedimento disciplinario, se ditou na data do 9 de outubro de 2014 a seguinte resolución: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo Centro Clínico Ribadeo, S.L. contra a sentenza de data 24 de febreiro de 2012 ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña no procedemento nº 414-2013 sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada. E, estimando a demanda formulada por Sonia María Varela Cordero, e declarado o seu despedimento improcedente, condenamos solidariamente a empresa Bogar Asistencia, S.L., a que logo de opción, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, readmita o demandante no seu posto de traballo ou o indemnice na cantidade de 6.938,30 euros, así como ao pagamento dos salarios de trámite a razón de 35,49 euros por día, se opta pola readmisión. Impónselle ao recorrente Centro Clínico Ribadeo, S.L. as custas do recurso, por importe 550 euros en concepto de honorarios do letrado impugnante. Déase ao depósito efectuado para recorrer o destino legal, unha vez firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar o depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++). Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial