Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46890

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5881/2012-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5881/2012-MFV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 954/2011. Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Juan Manuel Núñez Delgado.

Avogado: Pedro Manuel Pedreira Candal –CIG–.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales Seguridad Social número 15 e Medical Service Integral Logistic, S.L.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Lorenzo Sabell Peláez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

«Decidimos que no procedemento de recurso de suplicación 5881/2012-MFV desta sección, seguido por instancia de Juan Manuel Núñez Delgado contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales Seguridad Social número 15 e Medical Service Integral Logistic, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución: desestimar o recurso de suplicación formulado polo demandante Juan Manuel Núñez Delgado contra a Sentenza do 29 de xuño de 2012 ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña e sen custas. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Medical Service Integral Logistic, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2014

A secretaria xudicial