Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46892

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO de notificación de sentenza (divorcio 59/2013).

Divorcio contencioso 59/2013.

Procedemento orixe:

Sobre divorcio contencioso.

Demandante: Antonio Rodríguez Novoa.

Demandada: Graciela Gil Estupiñán.

Denise Romero Barciela, secretaria xudicial, do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Chantada, polo presente

Anuncia:

No presente procedemento divorcio nº 59/2013 seguido por instancia de Antonio Rodríguez Novoa contra Graciela Gil Estupiñán foi ditada sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Acordo:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio formado por Antonio Rodríguez Novoa e Graciela Gil Estupiñán.

Firme a presente resolución, procédase á anotación da resolución no Rexistro Civil desta localidade. Tomo 61, páxina 81.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes».

E encontrándose a devandita demandada, Graciela Gil Estupiñán, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 22 de maio de 2014

A secretaria xudicial