Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46893

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1147/2010).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1147/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel Guarddon Villalba contra a empresa Consuelo Torres Gómez, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 5 de decembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1147/2010, seguidos por instancia de Ana Isabel Guarddon Villalba, representada pola letrada Sra. Mahía Vázquez, contra Consuelo Torres Gómez, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo estimar e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Isabel Guarddon Villalba contra Consuelo Gómez Torres e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 280 euros, co xuro legal do artigo 29.3 do ET.

Contra a presente resolución non cabe ningún recurso, conforme o disposto no artigo 191.2.g) da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Consuelo Torres Gómez, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de outubro de 2014

A secretaria xudicial