Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46895

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (704/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 704/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Blanco Vázquez contra Arquitectura de Interior Creativa, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Que estimando a demanda formulada por Ana Belén Blanco Vázquez contra a empresa Arquitectura de Interior Creativa, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.342,26 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado perante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día de hoxe, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Arquitectura de Interior Creativa, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2014

O secretario xudicial