Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 10 de novembro de 2014 Páx. 46886

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de outubro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se comunica a publicación da convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura da Sección do Servizo de Reumatoloxía no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (Diario Oficial de Galicia núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde de 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto da xefatura de Sección de Reumatoloxía.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro Xeral de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, Hospital Provincial de Pontevedra, sito na rúa Loureiro Crespo, 2, 36001, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes natural contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario de Pontevedra e do Hospital do Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e na intranet do CHOP.

Pontevedra, 10 de outubro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés