Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46470

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (306/2013).

Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, por medio deste edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 306/2013 seguido por instancia de FCE Bank PLC sucursal en España fronte a Jorge Nieto Carballo se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Vigo o 27 de xaneiro de 2014.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 306/2013, promovidos por FCE Bank PLC sucursal en España, representada polo procurador Sr. Fernández González e asistida do letrado Sr. Etcheverría Hermida, contra Jorge Nieto Carballo, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Estimando integramente a demanda promovida pola representación de FCE Bank PLC sucursal en España contra Jorge Nieto Carballo, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 17.370,28 euros, máis xuros legais desde a interposición da demanda, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que se deberá interpoñer neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino».

E encontrándose o dito demandado, Jorge Nieto Carballo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 12 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial