Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46472

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1279/2013-P).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referidos nos cales de ditou o seguinte:

«Sentenza: 480.

Vigo, 2 de xullo de 2014.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1279/2013, sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante María José Nogueira Ureña, representada pola procuradora dos tribunais Carmen Hermida Portela, e con asistencia letrada de Rubén González Rodríguez, contra Claudio Leandro Costa Santiago, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decisión.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Hermida Portela, en nome e representación de María José Nogueira Ureña, contra Claudio Leandro Costa Santiago, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixando constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Claudio Leandro Costa Santiago, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial