Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46474

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (337/2013).

Nos autos de divorcio contencioso 337/2013, seguidos por instancia da procuradora Alma Blanco Pita, en nome e representación de César Eduardo Guerra Cerpa, contra Karla Elizabeth Pazos Barreto, se ditou o 14 de outubro de 2014 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentenza 95/2014.

Divorcio contencioso 337/2013.

Betanzos, 7 de outubro de 2014.

Vistos por min, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos, os autos do xuízo de divorcio contencioso 337/2013 en que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o demandante César Eduardo Guerra Cerpa, representado pola procuradora dos tribunais Alma Blanco Pita e asistida polo letrado Alejandro López Sánchez, e a demandada Elizabeth Pazos Barreto, en situación de rebeldía procesual, ditou a presente resolución á cal serven de base os seguintes.

Decido que estimando a demanda interposta por César Eduardo Guerra Cerpa, representado pola procuradora dos tribunais Alma Blanco Pita e asistida polo letrado Alejandro López Sánchez, contra Elizabeth Pazos Barreto, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio celebrado o día 9 de maio de 2007 en Caracas (Venezuela) entre César Eduardo Guerra Cerpa e Elizabeth Pazos Barreto.

Non se fai imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Esta resolución non é firme. Contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpoñer neste xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Publicación. Leu e publicou a anterior sentenza a xuíza que a ditou no día da súa data cando estaba celebrando audiencia pública. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma á demandada Karla Elizabeth Pazos Barreto, expídese o presente edicto.

Betanzos, 14 de outubro de 2014

María Patiño Junquera
Secretaria xudicial