Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46476

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (539/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 539/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: Ezequiel García García.

Avogado: Lisardo Núñez Pardo de Vera.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, José David Castro Marín.

O/a secretario/a xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 539/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ezequiel García García contra José David Castro Marín e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión di: «Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta en materia de despedimento por Ezequiel García García contra a empresa David Castro Marín, e absolvo o demandado das pretensións deducidas na súa contra.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a David Castro Marín, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2014

O/a secretario/a xudicial