Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46477

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (326/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 326/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Manuela Iglesias Franco contra Ana Belén Castro Bustelo, sobre ordinario, se ditou Decreto 618/2014, do 15 de setembro de 2014, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia parcial, que se entenderá para todos os efectos como provisional, da executada Ana Belén Castro Bustelo (DNI 44808016Z) pola suma de 13.242,09 euros en concepto de principal máis outros 1.384,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros. O que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

A secretaria xudicial