Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (625/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 625/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Vidal Fernández contra Restaurante La Trinidad, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza número 404 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal:

«Sentenza

En Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 625/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Ángela Vidal Fernández, asistida polo letrado Fernando Escariz Fernández contra Restaurante La Trinidad, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Ángela Vidal Fernández contra a empresa Restaurante La Trinidad, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á demandante 7.098,32 euros, importe que se incrementará cos xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese el orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante La Trinidad, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

A secretaria xudicial