Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 5 de novembro de 2014 Páx. 46480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (611/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 611/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Jesús Selas Suárez contra Fogasa e Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L., sobre ordinario, se ditou sentencia número 403 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos número 611/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Óscar Jesús Selas Suárez, asistido pola letrada Alicia Rodríguez Omil contra Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L., que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a presente sentenza.

(…)

Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Óscar Jesús Selas Suárez contra a empresa Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a aboar á demandante 5.460,80 euros, importe respecto do cal devindicará os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores a suma de 5.111,16 euros, con condena á empresa demandada ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios da letrada da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno a Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Internacional de Maderas Santiaguesas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014

A secretaria xudicial