Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46287

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3038/2012-RCUD 310/14-S).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3038/2012-RCUD 310/14-S.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1144/2009, Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Jesús Suárez Pena.

Avogado: José Nogueira Esmorís.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops, Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3038/2012-RCUD 310/14-S desta sala, seguido por instancia de Jesús Suárez Pena contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutual Midat Cyclops, Excavaciones y Construcciones Exconcasa, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 9 de outubro de 2014.

O anterior escrito presentado pola Mutual Midat Cyclops ao cal se xunta a certificación da sentenza da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco alegada de contraste, únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e á cal se lle unirá a presentada pola recorrente. Emprácense as demais partes e a empresa codemandada, a través do Diario Oficial de Galicia, para que comparezan por escrito de letrado, perante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, e presenten copias do dito escrito e designen un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberán acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Construcciones Excongasa, S.L., en ignorado paradoiro e con último domicilio coñecido en r/ Vila de Corcubión nº 28, Carballo (A Coruña), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de outubro de 2014

A secretaria xudicial