Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46289

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (5904/2012).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 5904/2012. BC.

Xulgado de orixe/autos: demanda 106/2012 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Cesario Ares Doldán.

Avogada: María Blanca Fernández Chao González Dopeso.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Plásticos Hércules, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Pablo Torrado Oubiña.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5904/2012 desta sección, seguido por instancia de Cesario Ares Doldán contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Plásticos Hércules, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Cesáreo Ares Doldán contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 desta capital, nos presentes autos 106/2012, seguidos por instancia do referido recorrente, sobre determinación de continxencia, fronte aos demandados a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, o Instituto Nacional da Seguridade Social, así como fronte á empresa Plásticos Hércules, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Plásticos Hércules, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial