Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46291

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (922/2013).

Eu, Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por este edicto anuncio que neste xulgado se tramitan autos de xuízo ordinario 922/2013, seguidos por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. contra Alimentos Frescos y Congelados, S.L., e Enrique López Puente, nos cales se ditou sentenza o 29 de setembro de 2014.

Ao estaren os indicados demandados en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma e fáiselles saber que se poderán dirixir a este xulgado co fin de teren coñecemento íntegro do acto.

Contra a indicada sentenza cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de setembro de 2014

A secretaria xudicial