Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46292

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia

EDICTO (131/2012).

No procedemento seguido neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia, baixo a clase e o número ordinario 131/2012 por instancia de Mónica García Suárez contra Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. (Inegal), ditouse sentenza estimatoria de data 1 de xullo de 2013, cuxo contido íntegro se encontra á súa disposición na sede deste xulgado. A dita sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación que, para Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. (Inegal), se computarán desde o día seguinte á inserción deste edicto no DOG.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. (Inegal), expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Noia, 31 de xullo de 2013

O/a secretario/a xudicial