Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46285

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6118/2012).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6118/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1098/2011 Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

Recorrente: Luisa Fernández Reinosa.

Avogado: José Carlos Taibo Barciela.

Recorridos: Industria y Comercio de Alimentos Chrisseva, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 6118/2012, seguido por instancia de Luisa Fernández Reinosa contra Industria y Comercio de Alimentos Chrisseva, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto por Luisa Fernández Reinosa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, de data 4 de xuño de 2012, declaramos a nulidade da sentenza ditada polo dito xulgado, co fin de que se dite outra en que, con liberdade de criterio, se dea resposta a todas as cuestións formuladas no escrito de demanda.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Industria y Comercio de Alimentos Chrisseva, S.L., con último domicilio coñecido en Chapela (Pontevedra), advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. Expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2014

A secretaria xudicial