Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46283

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4873/2012).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4873/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 4/2011 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Manuel Mazas Palla.

Avogado: José Pablo Ferrero Ferrero.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Maderas Vilacoba, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4873/2012 desta sección, seguido por instancia de Manuel Mazas Palla contra o INSS, a TXSS e Maderas Vilacoba, S.L., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto polo letrado Sr. Ferrero Ferrero, actuando en nome e representación de Manuel Mazas Palla contra a Sentenza de 8 de maio de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en procedemento 4/2011, sobre xubilación, seguido por instancia da recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Maderas Vilacoba, S.L., revogamos parcialmente esta declarando o dereito do recorrente a percibir a prestación de xubilación do 106 % da base reguladora fixada pola sentenza de instancia, mantendo o resto dos pronunciamentos que contén.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Maderas Vilacoba, S.L., con último domicilio coñecido na rúa San Marcos, s/n, Abegondo (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial