Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 4 de novembro de 2014 Páx. 46281

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, en virtude de probas selectivas convocadas por Resolución do 17 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 31 de outubro).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 17 de outubro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 31 de outubro) para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, grupo III, e comprobado que o aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC, resolve:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade física, o aspirante que superou o proceso selectivo pola quenda de promoción interna e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela) no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2014

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico especialista de investigación, especialidade física.

Quenda: promoción interna.

Número de orde: 1.

Apelidos e nome: Caamaño Bouzas, Manuel.

DNI: 76517587Z.