Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46186

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (620/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 620/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José López Teijelo contra Planet Padel Sport and Events, S.L., Ignacio González Pereira (administrador concursal) e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, 8 de outubro de 2014.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 5 de xuño de 2012 tivo entrada neste xulgado do social, Sección Segunda, demanda presentada por María José López Teijelo fronte a Planet Padel Sport and Events, S.L., Ignacio González Pereira (administrador concursal) e Fogasa, e foron citadas as partes para os actos de conciliación o día 29 de outubro de 2014 ás 10.15 horas da mañá.

Segundo. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta mediante escrito presentado pola parte demandante o 6 de outubro de 2014.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo: ter por desistida a María José López Teijelo da súa demanda fronte a Planet Padel Sport and Events, S.L. e Ignacio González Pereira (administrador concursal) e Fogasa neste procedemento ordinario 620/2012.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 1532/0000/60/0620/12 no Santander, e deberá indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Planet Sports and Events, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

A secretaria xudicial