Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (461/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 9 de outubro de 2014 no proceso seguido por instancia de Vanessa Aboli Lorenzo contra Zozo, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co número 461/2012 e se acordou notificar a Zozo, S.L. o auto de aclaración de sentenza seguinte:

«Auto

Maxistrado xuíz: Miguel Herrero Liaño.

A Coruña, 9 de outubro de 2014.

Antecedentes de feito:

Único. O día 8 de outubro de 2014, a parte demandante interesa a aclaración e rectificación de erro material cometido na sentenza ditada en autos o 24 de setembro de 2014.

Fundamentos xurídicos:

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267.3 da LOPX e 214.3 da LAC procede corrixir o erro material que se produciu na redacción da sentenza ditada en autos, consistente en omitir na transcrición da decisión a referencia ao aboamento do xuro moratorio, interesado pola parte demandante oportunamente.

Parte dispositiva:

Acórdase a rectificación de erro material manifesto que se produciu pola sentenza ditada en autos o 24 de setembro de 2014, de tal forma que a parte dispositiva queda redactada nos seguintes termos: «Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanessa Aboli Lorenzo fronte a Zozo, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 480,68 euros, que se incrementarán cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET».

Contra esta resolución non cabe recurso.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Zozo, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

A secretaria xudicial