Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46190

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (703/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 703/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emmanuel Adjei contra Librocarton, S.L., Fogasa F, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión.

1º. Que considerando a demanda formulada por Emmanuel Adjel contra a empresa Librocarton S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 8.155,15 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6 inciso primeiro da LXS e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Librocarton, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2014

O secretario xudicial