Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 3 de novembro de 2014 Páx. 46191

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (235/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 235/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Stephanie Elizabeth Valiño Torres contra Jesús Fernando Bruni sobre recoñecemento de dereito, se ditou a seguinte resolución:

Decreto

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela o trinta de setembro de dous mil catorce.

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que Stephanie Elizabeth Valiño Torres desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Jesús Fernando Bruni.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS).

A secretaria xudicial

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Stephanie Elizabeth Valiño Torres e a Jesús Fernando Bruni, ambos en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

A secretaria xudicial